SEMINARIO DE INTERNACIONALIZACIÓN: O MERCADO RUSO E DA UNIÓN ADUANEIRA RUSIA-BELORRUSIA-KAZAKSTÁN
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizan un seminario sobre "O MERCADO RUSO E DA UNIÓN ADUANEIRA RUSIA-BELORRUSIA-KAZAKSTÁN"
- Día: luns, 25 de maio de 2015
- Horario: 10.00 horas
- Lugar: sede do Instituto Galego de Promoción Económica (Complexo Administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela).
Este seminario está dirixido a todas aquelas empresas que xa teñan certa experiencia no mercado ruso ou que, pola contra, desexen aproximarse nestes momentos a Rusia e aos outros mercados da Unión Aduaneira, e convócase co fin de ofrecer unha visión informativa e práctica sobre as novas condicións de certificación, así como sobre as oportunidades de negocio existentes nestes momentos nestes tres países. Entre elas construción, Bens de equipo industriais, Industria de transformados alimenticios, etc...
Ignacio Araico, Director da Plataforma Pexga en Rusia, e Karlos Landeta, Subdirector, explicarán con detalle, a través de vídeo-conferencia, todas estas novidades e atenderán todas aquelas dúbidas e cuestións concretas que formulen as empresas asistentes.
Programa
Os interesados en participar deben remitir un correo electrónico á dirección info@pexga.es co asunto "O mercado Ruso e da Unión Aduaneira Rusia-Belorrusia-Kazakstán", indicando o seu interese en participar nesta actividade, razón social da empresa, nome e cargo da persoa que acudiría en representación desta.
As prazas son limitadas e será imprescindible estar previamente rexistrado na web da Rede Pexga www.pexga.es. Dende o Centro de Coordinación confirmarase por correo electrónico a inscrición.
Esta xornada forma parte dunha serie de seminarios en relación con diversas temáticas de interese sobre algún dos mercados nos que a Rede Pexga está presente. Próximo seminario:
|
|
|
|