PROGRAMA GALICIA RURAL EMPRENDE: PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 8 DE MARZO
As empresas interesadas nos apoios que ofrece o programa Galicia Rural Emprende poden solicitar as súas axudas ata o 8 de marzo. Como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, esta liña, activada pola Xunta a través do Igape, ten como obxectivo favorecer a creación de emprego nas zonas rurais mediantes axudas á primeira implantación de novas actividades económicas, non agrarias.
A axuda vai dirixida a agricultores ou membros dunha unidade familiar dunha explotación que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas, autónomos que inicien unha actividade non agrícola e a pemes de nova creación.
Os proxectos obxecto da axuda deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
Máis información
|
|
|
|