II FORO DA ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE TRANSFRONTEIRIZA GALICIA-NORTE DE PORTUGAL (RIS3T)
A Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza o II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) co obxectivo de abordar os novos retos aos que se enfronta a innovación na Eurorrexión e analizar as posibilidades da cooperación no próximo período.
O foro terá lugar o vindeiro luns 29 de novembro, a partir das 16:30 h no salón de actos do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura, en Santiago, e está dirixido a todos/as os/as axentes do ecosistema de innovación da Eurorrexión.
Programa
Inscrición foro
|
|
|
|