XORNADA PARA DIRECTIVOS NO ÁMBITO DA MOBILIDADE AVANZADA E ESTENDIDA
No marco do proxecto MOBAE, o vindeiro mércores 24 de novembro, a partir das 9:30h, na sede Afundación en Vigo, terá lugar a Xornada para directivos no ámbito da mobilidade avanzada e estendida.
O proxecto MOBAE, no que a Xunta, a través do Igape, é socia xunto coa Universidade Vigo, o CSIC, o CEIIA, CEAGA e a Universidade do Minho, é una iniciativa que xorde para impulsar o alto potencial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal vinculado á mobilidade.
O obxectivo desta xornada formativa é axudar ás empresas para comprender o impacto das competencias emerxentes na cadea de mobilidade avanzada e estendida e facilitar aos seus directivos novas estratexias e ferramentas para adaptarse aos cambios que se están producindo.
A xornada contará coa participación de destacados relatores que analizarán o vehículo conectado, verde e autónomo, así como o impacto global da dixitalización.
Programa
Inscrición
|
|
|
|