EMPRENDEMENTO: PRESENTACIÓN DO INFORME GEM GALICIA 2020/21
A Universidade de Santiago de Compostela (USC), presentará o Informe GEM Galicia 2020/21, realizado polo equipo de investigación que leva o mesmo nome en colaboración coa Xunta, a través do Igape. Con periodicidade anual, este informe avalía a evolución do emprendemento en Galicia.
A xornada de presentación terá lugar o vindeiro venres 19 de novembro, na Facultade de Administración de Empresas do Campus de Lugo (Rúa Afonso X o Sabio, s/n). A xornada dará comezo ás 11:00 horas coa sesión inaugural, á que seguirá a presentación dos resultados e unha mesa redonda titulada "Emprendemento e sostibilidade no sector agroalimentario", na que contaremos coas empresas Innolact e Himikode, asi como coa perspectiva da entidade de financiamento de spin offs universitarias Unirisco.
Poderase asistir á xornada tanto de forma presencial (aforo limitado) como de forma telemática:
Presentación do Informe GEM Galicia 2020/21: programa e inscricións
|
|
|
|