XORNADA: A LOXÍSTICA DO FUTURO CLAVE PARA A RECUPERACIÓN E O DESENVOLVEMENTO DA ECONOMIA GALEGA
No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta -a través do Igape-, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan a xornada A loxística do futuro. Clave para a recuperación e o desenvolvemento da economía galega, que se desenvolverá mañá mércores 10 de novembro, a partir das 9.30 horas no Nordés CLub Empresarial, en A Coruña (Enrique Mariñas, 32).
O encontro contará coa participación de organizacións e empresas do sector e do cluster da Función Loxística, e teremos ocasión de falar da transformación do sector loxístico, consecuencia das demandas dos clientes industriais e consumidores e dos sistemas loxísticos que deben adaptarse ás novas tendencias globais, para asegurar o futuro das empresas do sector, o tecido empresarial e o propio territorio
Esta xornada forma parte do ciclo dedicado á Empresa intelixente. Competitividade e crecemento empresarial en Galicia, que afonda na situación dalgúns dos sectores estratéxicos galegos.
Inscrición presencial
Inscrición on line
|
|
|
|