PROGRAMA DE IMPULSO Á INNOVACIÓN DAS PEMES DE GALICIA: CAMIÑO DA INNOVACIÓN
No marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, a Xunta a través da Axencia Galega de Innovación, pon en marcha o ''Camiño da Innovación''. Trátase dun espazo de innovación itinerante que percorrerá 18 concellos das catro provincias galegas durante os meses de novembro e decembro, co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.
Ademais, en cada unha das localidades, celebraranse encontros con empresarias e empresarios para dar a coñecer casos de éxito de pemes que demostran que se pode innovar en calquera sector e tipo de empresa.
Podes consultar todo o detalle da iniciativa aquí
Solicita o teu asesoramento ou inscríbete nos encontros con pemes neste formulario
|
|
|
|