GALICIA, POTENCIA EN ENERXÍAS RENOVABLES. UNHA APOSTA POLA DESCARBONIZACIÓN, A ECONOMIA CIRCULAR E A TRANSFORMACIÓN ENERXÉTICA
No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta -a través do Igape-, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan a xornada Galicia, potencia en enerxías renovables. Unha aposta pola descarbonización, a economía circular e a transformación enerxética, que se desenvolverá o vindeiro mércores 27 de outubro, a partir das 9.15 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en Ourense (Rúa do Progreso, 30).
O encontro contará coa participación de organizacións e empresas do sector, representantes do Clúster das enerxías renovables e tamén teremos a oportunidade de coñecer unha experiencia práctica dun caso innovador.
Esta xornada forma parte do ciclo dedicado á Empresa intelixente. Competitividade e crecemento empresarial en Galicia, que afonda na situación dalgúns dos sectores estratéxicos galegos.
Inscrición presencial
Inscrición on line
|
|
|
|