PRESENTACIÓN DA 3ª EDICIÓN DA INCUBADORA HIGH TECH AUTO
O vindeiro 6 de outubro da comezo a 3ª edición da High Tech Auto de Galicia (HTA), incubadora de alta tecnoloxía promovida pola Xunta a través do Igape e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, para o fomento da innovación e a transferencia de tecnoloxía ao sector da automoción e compoñentes
Os emprendedores xa poderán presentar os seus proxectos de automoción para acceder ao programa de incubación de HTA. O prazo de presentación para participar nesta terceira convocatoria permanecerá aberto ata o 3 de decembro de 2021.
Cofinanciada nun 80% polos Fondos Feder da Unión Europea a través da Fundación Incyde, a HTA está aberta a todas aquelas iniciativas emprendedoras de carácter innovador relacionadas coa industria da automoción e a auxiliar de compoñentes e servizos avanzados, sexa en produtos, servizos, procesos e/ou modelos de negocio ou tecnoloxías.
Podes seguir o evento de lanzamento inscribíndote no seguinte enlace
Máis información
|
|
|
|