XORNADA INFORMATIVA. REQUISITOS ENTIDADES COLABORADORAS PROGRAMA REACCIONA COVID-19
A Xunta, a través do Igape, ten aberto o proceso de selección das entidades colaboradoras que xestionarán o Re-acciona covid-19, o programa que ofrecerá servizos de asesoramento especializado ás empresas galegas para que poidan adaptarse ao novo contexto económico.
Para coñecer os requisitos que deben cumprir as entidades colaboradoras, o Igape celebra unha xornada informativa o vindeiro venres, 11 de xuño, ás 13 horas. Este encontro dixital servirá para profundizar nos detalles do programa e resolver as dúbidas dos asistentes.
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse a través do seguinte enlace
Os detalles deste procedemento de selección das entidades colaboradoras do programa Re-acciona covid-19 tamén están publicados no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Máis información: 900 81 51 51
|
|
|
|