ACELERADORA DO SECTOR LOXÍSTICO: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INICIATIVAS
A CoLogistics Business Accelerator (CBA), a nova aceleradora de empresas do ámbito da función loxística e a cadea de subministración que vén de poñerse en marcha, abre -ata o vindeiro 30 de xullo- o prazo de presentación de candidaturas que acheguen solucións aos 20 retos tecnolóxicos que empresas de diferentes sectores produtivos e a propia CBA propoñen ao tecido emprendedor.
Os proxectos seleccionados participarán no programa de aceleración da CBA, que inclúe accións de formación e mentorización, a disposición de espazos para o desenvolvemento da iniciativa e o apoio na procura de investidores.
A CBA é unha das iniciativas impulsadas polo proxecto europeo CoLogistics, que ten como obxectivo principal promover a colaboración transfronteriza da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no eido do transporte e a loxística e súa a internacionalización, e que está liderado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra en colaboración coa Xunta -a través do Igape e a Dirección Xeral de Mobilidade- e a Autoridade Portuaria de Vigo, xunto con organismos portugueses.
Máis información e presentación de candidaturas
|
|
|
|