VII PREMIOS GALICIA ALIMENTACIÓN: ABERTA A CONVOCATORIA ATA O 1 DE XUÑO
A Xunta colabora co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) nos Premios Galicia Alimentación 2021, que convoca por sétimo ano consecutivo esta asociación empresarial co obxectivo de recoñecer e visibilizar as accións de emprendemento, dixitalización, innovación, sustentabilidade, márketing e internacionalización neste sector industrial.
O certame inclúe tres categorías de galardóns:
- Premio ao produto innovador, caracterizado pola súa innovación, potencial comercial, deseño, posibilidade de agregar valor e adaptación ás demandas do consumidor.
-
Premio ao proxecto empresarial ou institucional, que galardoa ás empresas, institucións, organizacións ou asociacións que se caractericen pola súa innovación na produción, modelo de negocio e/ou cadea de valor, polo seu carácter emprendedor e cooperativo ou polo seu desenvolvemento cara á fábrica do futuro 4.0 e cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
-
Premio á estratexia de mercado, que recoñecerá a innovación das empresas e organizacións da industria alimentaria na súa estratexia de internacionalización e posicionamento no mercado e no desenvolvemento do seu plan de márketing.
Ademais destas tres categorías, o xurado poderá outorgar, en caso de concorrencia, un premio extraordinario á proxección do sector alimentario e bebidas.
O prazo de presentación de solicitudes, a través da web de Clusaga, finaliza o 1 de xuño ás 14 horas.
Máis información
|
|
|
|