ENCONTRO INTERNACIONAL DO SECTOR CONTRACT: DO 26 AO 28 DE MAIO
A Xunta, a través do Igape, organiza os vindeiros días 26, 27 e 28 de maio un encontro internacional, en formato dixital, dirixido ás empresas contract, nun contexto no que as compañías galegas deste sector están a ter máis relevancia na achega de solucións en proxectos hostaleiros de alto nivel e luxo a nivel internacional. As xornadas pretenden ser así un punto de encontro no que actualizar visións, compartir experiencias e coñecementos e facilitar novas oportunidades de colaboración.
Ademais de abordar as claves do acelerado desenvolvemento do mercado da hotelaría de luxo a nivel mundial, no foro os asistentes poderán afondar no potencial do sector contract galego a través da participación e as achegas de destacados prescritores e decisores internacionais de proxectos.
O encontro terá dúas partes:
- Mércores 26, ás 16 horas: presentación e mesas de debate, en formato webinario, que abordarán aspectos prácticos sobre a situación e oportunidades que ofrecen os mercados internacionais ao sector.
- Xoves 27 e venres 28: reunións individuais en liña, segundo perfil de interese, entre as empresas que asistan á xornada do día 26 e os invitados internacionais que participen na actividade.
Este encontro internacional forma parte do Plan Contract Galicia e dá seguimento ás accións de impulso da presenza das empresas galegas en mercados prioritarios, especialmente en México, Estados Unidos e Europa, que se complementan tamén coa Semana Internacional Contract.
Programa e inscricións
Máis información: formacion.internacionalizacion@igape.es
|
|
|
|