COLOGISTICS BUSINESS ACCELERATOR: LANZAMENTO DA ACELERADORA DO SECTOR LOXÍSTICO
O vindeiro luns 24 de maio a partir das 11 horas terá lugar o lanzamento da CoLogistics Business Accelerator (CBA), a nova aceleradora de empresas do ámbito da función loxística e a cadea de subministración.
A CBA é unha das iniciativas impulsadas polo proxecto europeo CoLogistics, que ten como obxectivo principal promover a colaboración transfronteriza da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no eido do transporte e a loxística e súa a internacionalización, e que está liderado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra en colaboración coa Xunta -a través do Igape e a Dirección Xeral de Mobilidade- e a Autoridade Portuaria de Vigo, xunto con organismos portugueses.
Na xornada de presentación, na que participará o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, terá lugar unha mesa redonda na que distintas empresas debaterán sobre a loxística como función clave para a competitividade empresarial.
As persoas interesadas en asisitir ao evento, de forma dixital, poden inscribirse aquí.
Programa
Máis información sobre o proxecto CoLogistics
|
|
|
|