TALLERES DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0: SECTORES DA SAÚDE E O BENESTAR
A Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO) organiza en colaboración coa Xunta unha xornada dixital para abordar as oportunidades reais que as tecnoloxías avanzadas achegan á dixitalización dos sectores da saúde e o benestar.
Na xornada, que terá lugar o próximo venres 30 de abril ás 11 h, intervirán responsables de empresas galegas tecnolóxicas e do ámbito do benestar, así como de organizacións empresariais, que compartirán cos asistentes as experiencias e os resultados dos procesos de dixitalización que levan implantado.
O encontro forma parte do programa de apoio para a realización de talleres de dixitalización Industria 4.0, que promove e financia a Xunta a través do Igape, e que é complementario da liña de axudas á dixitalización.
Programa da xornada
Inscricións: ineo@ineo.org
|