FORO SOBRE VERTEBRACIÓN DA PENÍNSULA IBÉRICA: PROXECTO COLOGISTICS
Impulsar a colaboración transfronteriza da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no eido do transporte e a loxística e súa a internacionalización é o principal obxectivo do proxecto europeo CoLogistics, liderado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra en colaboración coa Xunta, a través do Igape e a Dirección Xeral de Mobilidade, e a Autoridade Portuaria de Vigo xunto con organismos portugueses.
Como parte desta iniciativa, o vindeiro mércores 24 de marzo a partir das 9.15 horas terá lugar o foro dixital Vertebración peninsular: corredor atlántico e o desenvolvemento de infraestruturas, no que se analizarán o estado das conexións ferroviarias entre Galicia e o Norte de Portugal, o mapa da rede transeuropea de transportes, o actual estado da loxística na Eurorrexión e a importancia do tren no desenvolvemento das áreas loxísticas e os portos.
Programa e inscricións
Máis información sobre o proxecto Cologistics
|
|
|
|