INVITACIÓN A PARTICIPAR NA ENQUISA LOGISTICS PERFORMANCE INDEX. PROXECTO COLOGISTICS
CoLogistics, iniciativa liderada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra no que participa a Xunta de Galicia a través do Igape e a Dirección Xeral de Mobilidade, é un proxecto interrexional que ten como obxectivo promover a actividade loxística de Galicia e o norte de Portugal e fortalecer as súas capacidades de organización e tecnolóxicas, fomentando a internacionalización do tecido produtivo da Eurorrexión e a presenza no exterior. É unha oportunidade de mellora tanto na xestión loxística como na cadea de valor das empresas industriais galegas e portuguesas.
Dentro do programa, estase a efectuar un estudo de avaliación do desempeño loxístico dos sectores tractores da Eurorrexión. Baseado na metodoloxía LPI (Logistics Performance Index), esta avaliaicón permitirá a Galicia e o norte de Portugal compararse internacionalmente con outras rexións ou países, segundo os criterios do Banco Mundial en colaboración coa OCDE.
Todas as empresas de loxística ou usuarias da loxística (industriais) que desexen colaborar neste estudo poden facer chegar as súas respostas ao cuestionario pulsando aquí. O tempo estimado de resposta é de catro minutos.
CoLogistics está co-financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo (FEDER) a través do Programa Interreg V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
Máis información de CoLogistics
|
|
|
|