TALLERES DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0: OPORTUNIDADES TECNOLÓXICAS PARA AS EMPRESAS GALEGAS
A Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO) organiza en colaboración coa Xunta unha xornada dixital para abordar as oportunidades reais que as tecnoloxías avanzadas achegan á dixitalización do tecido produtivo galego.
Na xornada, que terá lugar o próximo venres 12 de marzo ás 10 h, intervirán responsables de empresas galegas de diferentes sectores económicos, que compartirán cos asistentes as experiencias e os resultados dos procesos de dixitalización que levan implantado.
O encontro forma parte do programa de apoio para a realización de talleres de dixitalización Industria 4.0, que promove e financia a Xunta a través do Igape, e que é complementario da liña de axudas á dixitalización.
Programa da xornada
Inscricións: ineo@ineo.org
|