CICLO WEBINARIOS PAÍS. 15 DE MARZO: OPORTUNIDADES PARA AS EXPORTACIÓNS GALEGAS EN CHINA
A Xunta continúa o ciclo de videoconferencias sobre as oportunidades para as exportacións galegas en diversos destinos mundiais. Despois de coñecer a situación dos mercados de Perú, Marrocos, Estados Unidos e México, a Antena Igape en China achegará análises sobre as oportunidades e as perspectivas económicas para as vendas galegas nese destino no actual contexto internacional.
O webinario terá lugar o luns 15 de marzo ás 9 horas e nel abordaranse as tendencias actuais da economía deste país, coas intervencións dos responsables da Antena Igape, a directora do Departamento Comercial en Vanhang e representantes das empresas 2Open, Conservas Albo e CLUN.
As empresas asistentes interesadas tamén poderán poden pedir unha cita coa Antena Igape para celebrar entrevistas individuais -con formato de punto de encontro dixital- os próximos días 16, 17 e 18 de marzo. Programa, inscricións e solicitudes de entrevista
Máis información: formacion.internacionalizacion@igape.es
|