PROGRAMA MoBAE: APOIO A INICIATIVAS EMPRENDEDORAS EN MOBILIDADE AVANZADA
MoBAE, o proxecto de colaboración transfronteiriza entre España e Portugal no que participa como socia a Xunta, a través do Igape, ten entre os seus obxectivos principais apoiar o emprendemento e a xeración de novas oportunidades de negocio no ámbito da mobilidade avanzada e estendida.
Con ese fin, o proxecto promove o selo de excelencia MoBAE. Para outorgalo seleccionaranse iniciativas ou ideas de negocio prometedoras neste eido, que se distingan polo seu potencial, calidade e viabilidade e que serán avaliadas en varias fases.
O selo de excelencia MoBAE permitirá aos proxectos selecionados optar a servizos de asesoramento e apoio, a participación en eventos, a creación ou ampliación de contactos clave -con acceso a potenciais socios, empresas e investidores no sistema de produción- e tamén a acceder á Guía de boas prácticas en emprendemento.
Poden presentar as súas propostas:
-
Estudantes universitarios ou de formación profesional vinculados ao sistema de mobilidade produtiva que están a desenvolver innovadoras e proxectos emprendedores.
- Start-ups, spin-offs, spin-outs ou calquera outro tipo de empresa tecnolóxica de nova creación que pretenda desenvolver unha idea emprendedora para ser lanzada ao mercado como produto ou servizo innovador.
-
Pemes e empresas xa establecidas dos distintos sectores implicados na mobilidade con experiencia e novas ideas de negocio.
Os proxectos teñen que ter como emprazamento a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e o prazo para a súa presentación estará aberto ata o vindeiro 22 de marzo.
Bases da convocatoria
Formulario de solicitudes
Más información en: mobae@uvigo.es
|
|
|
|