WEBINARIOS BREXIT GALICIA: RETOS E OPORTUNIDADES PARA A LOXÍSTICA. ENQUISA DE AVALIACIÓN DE IMPACTO
No marco do ciclo de encontros dixitais organizados pola Xunta, a través do Igape, para ofrecer información ás empresas galegas, proporcionar instrumentos para xestionar a actual situación derivada do Brexit e evitar incidentes nas súas operacións co Reino Unido, o vindeiro martes 23 de febreiro, ás 16 horas, terá lugar o segundo webinario, no que se analizarán os retos e oportunidades para a loxística.
Na xornada participarán representantes da Subdirección Xeral de Xestión Aduaneira, o Cluster da Función Loxística de Galicia e a empresa galega FINSA, que ten ao Reino Unido como un dos mercados destino dos seus produtos.
Programa e inscricións
ENQUISA DE AVALIACIÓN. A EMPRESA GALEGA ANTE O BREXIT
Coa finalidade de valorar o impacto real que o Brexit está a producir no tecido empresarial galego, estase a realizar unha enquisa de avaliación, á que se invita ás empresas a responder mediante un breve cuestionario de sete preguntas.
A partir da súa colaboración poderanse deseñar novas iniciativas que permitan continuar e mellorar as súas relacións comerciais co Reino Unido e contribuír a mitigar o impacto dos cambios provocados pola saída deste país da Unión Europea.
Cuestionario
|
|
|
|