A Xunta continúa o ciclo de videoconferencias sobre as
oportunidades para as exportacións galegas en diversos destinos mundiais. Despois de coñecer a situación dos mercados de China, México, Perú e Marrocos,
a Antena Igape nos
Estados Unidos achegaranos análises sobre as oportunidades e as perspectivas económicas para as vendas galegas nese destino, nun contexto mundial marcado actualmente pola incerteza.
Será no encontro dixital que se celebrará o vindeiro
xoves 18 de febreiro, ás 17 horas, no que, ademais do director da antena, intervirán representantes da Oficina Económica e Comercial de España en Estados Unidos, a área económica e comercial do Condado de Miami-Dade, o Aeroporto e o Porto de Miami e Abanca USA.
Ademais de participar na xornada, as empresas interesadas poden pedir unha cita coa Antena Igape nos Estados Unidos para celebrar
entrevistas individuais -con formato de punto de encontro dixital- os próximos
días 23 e 24 pola tarde.
Programa e inscricións ao encontro e solicitudes de entrevista