BUSINESS FACTORY FOOD: XORNADA DE PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS ACELERADOS NA SEGUNDA EDICIÓN
A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia no sector, organiza o vindeiro 29 de xaneiro a partir das 10 h o demo day da segunda edición do seu programa de aceleración e consolidación.
As 14 startups que formaron parte desta segunda edición presentarán de maneira virtual os seus proxectos e os progresos logrado durante o seu paso por BFFood. No encontro dixital intervirán tamén representantes da aceleradora, Clusaga e a Xunta e investidores e actores do sector tecnolóxico, alimentario e do emprendimiento.
As persoas que se inscriban na xornada recibirán ademais acceso a unha feira de expositores en liña xestionada a través dunha aplicación, na que poderán facer networking e planificar unha axenda individual.
Programa e inscricións
Información sobre a BFFood
|
|
|
|