CICLO DE WEBINARIOS BREXIT GALICIA: ADÁPTATE A UN BREXIT EN FUNCIONAMENTO
Ante a entrada en vigor do novo escenario comercial que implica o Brexit, a Xunta, a través do Igape, organiza un ciclo de encontros dixitais que ofrecerán información actualizada sobre o impacto da saída do Reino Unido da Unión Europea en aspectos tan relevantes como a normativa aduaneira, os aranceis, as esixencias de certificados ou os impostos. Ademais, os webinarios analizarán accións de mellora para sectores estratéxicos da economía galega como o agroalimentario, o téxtil, a automoción ou o loxístico.
O primeiro dos encontros do ciclo terá lugar o vindeiro mércores 20 de xaneiro, a partir das 10 h, e nel achegarase información sobre a Oficina Brexit, programa posto en marcha polo Goberno galego para asesorar e axudar ás empresas galegas que comercian co Reino Unido. Este programa inclúe cinco medidas: as axudas activadas polo Cheque Brexit, unha nova antena Brexit en Londres, a ferramenta de autodiagnóstico que xa está en funcionamento, o Brexit Igape Responde e accións de información e formación.
Os participantes no webinario tamén poderán asisitir a un relatorio no que se darán claves sobre como poden as empresas prepararse e aproveitar o novo contexto provocado polo Brexit.
Programa e inscricións
|
|
|
|