PROGRAMA CHEQUE BREXIT: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 17 DE MAIO
As empresas interesadas nos apoios que ofrece o programa Cheque Brexit poden solicitar as súas axudas ata o 17 de maio. Como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), esta liña, activada pola Xunta a través do Igape, ten como obxectivo reforzar a posición das empresas galegas que manteñen ou van establecer relacións comerciais do Reino Unido, unha vez que a súa saída da Unión Europea é efectiva.
Así, o programa facilita que as compañías galegas poidan dispor de servizos de consultoría para a elaboración de diagnósticos empresariais e plans de continxencia que permitan minorar os efectos negativos que poida supor o cambio nas relacións comerciais co Reino Unido.
Os apoios poderán cubrir ata o 80% do gasto de consultoría que realice cada empresa e poden ser beneficiarias aquelas para as que o país británico fose un dos seus cinco principais mercados de exportación ou importación na Unión Europea, as que as exportacións a este país lles supoñan un mínimo do 10% da súas vendas intracomunitarias ou as que teñan exportado a ese destino máis de 100.000 euros nos tres últimos anos.
Máis información
|
|
|
|