CICLO TECNOLOXÍAS 4.0. APLICACIÓNS PUNTEIRAS EN SECTORES ESTRATÉXICOS: ÚLTIMO ENCONTRO DIXITAL
O ciclo de encontros dixitais sobre tecnoloxías 4.0 organizado pola Xunta e a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) chega ao seu fin coa última das xornadas que están a achegar ás empresas información sobre as aplicacións das tecnoloxías emerxentes. Este vindeiro venres 4 de decembro, ás 12 h, terá lugar o encontro dedicado á fabricación aditiva.
Nos webinarios, expertos dos centros tecnolóxicos e de empresas galegas comparten tanto aplicacións punteiras xa existentes a nivel mundial como as potenciais a medida de cada sector. Emítense en directo por streaming e as persoas asistentes poden expor dúbidas ou cuestións.
Ao longo do ciclo tivemos a oportunidade de afondar nas diferentes tecnoloxías e na súa aplicación práctica nas empresas: 5G, intelixencia artificial, xestión da enerxía e economía circular, automatización e robótica colaborativa ou intereracción home-máquina.
Este ciclo forma parte das iniciativas contempladas no convenio de colaboración Oportunidades 4.0 en Galicia que desenvolven o Igape, Atiga e seis dos seus centros tecnolóxicos.
Máis información e inscrición
Máis información sobre os estudos Oportunidades Industria 4.0 en Galicia
|
|
|
|