XORNADAS PROFESIONAIS DA INDUSTRIA. MAKER FAIRE GALICIA 2020
No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta -a través do Igape-, a Asociación polo progreso da Dirección (APD), o Círculo Financeiro de Galicia e a Maker Faire Galicia, en colaboración co Concello de Santiago e a Fundación Cidade da Cultura, celebran os próximos días 18 e 19 a partir das 9.30 horas, unhas xornadas profesionais dentro da Maker Faire Galicia 2020.
Dirixidas ao público empresarial, as xornadas reunirán a diferentes expertos de compañías como Energylab, Iberdrola, Deloitte ou Nueva Pescanova. Entre outras temáticas, empresas e startups debaterán sobre robótica, ciberseguridade, open data ou intelixencia artificial.
A Maker Faire Galicia ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento do ecosistema empresarial, promovendo a simbiose entre empresa-startup ou empresa-makers, que teñen cada vez máis protagonismo entre as compañías, que as ven como oportunidades para aprender, innovar, crecer e ser más sustentables.
Para poder desfrutar do encontro sen problemas, este ano a Maker Faire Galicia estrea unha nova plataforma que permitirá aos asistentes circular polo Museo Gaiás, contemplar os espazos dos proxectos e facer preguntas en directo aos makers, así como participar en talleres ou asistir a charlas e mesas redondas.
Máis información e inscricións xornada día 18
Máis información e inscricións xornada día 19
|
|
|
|