PREMIOS EMPRENDEDORXXI 2020: ABERTA A CONVOCATORIA ATA O 4 DE DECEMBRO
A Xunta colabora con CaixaBank, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Empresa Nacional de Innovación (ENISA) e o Banco BPI en Portugal na convocatoria da 14ª edición dos Premios EmprendedorXXI. Estes galardóns teñen como obxectivo identificar, recoñecer e apoiar ás novas empresas con maior potencial de crecemento.
Poden presentar as súas candidaturas as microempresas ou pemes de base tecnolóxica e innovadora, con alto potencial de crecemento e cuxo inicio de actividade sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2017. O prazo estará aberto ata o próximo 4 de decembro.
Os premios EmprendedorXXI outorgan 19 galardóns territoriais cunha dotación económica de 5.000 euros e 8 premios ás mellores solucións presentadas para os retos propostos nesta edición, dotados neste caso con 15.000 euros.
Ademais, permiten acceder a programas de acompañamento de alto nivel como o Moonshot Thinking, organizado por ESADE en colaboración con expertos en Silicon Valley, e a programas de mentoría acompañados de expertos de cada sector.
Máis información
|
|
|
|