XORNADAS CAPACITA DIRECTIVOS. MÉRCORES, 11 DE NOVEMBRO: O FUTURO DA MOBILIDADE
No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta -a través do Igape-, o Círculo Financeiro de Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan a xornada O futuro da mobilidade: intelixente e conectada, sustentable e segura, que se desenvolverá o vindeiro mércores 11 de novembro, a partir das 9.30 horas en formato en liña e as 9 horas en formato presencial (no Círculo de Empresarios de Galicia, avenida García Barbón, 62 de Vigo).
O encontro contará coa participación de empresas dos sectores da automoción e a enerxía, consultoras e entidades financeiras e de representantes do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA). Debateranse cuestións relacionadas cos novos sistemas de transporte e a nova mobilidade urbana e interurbana, os pasos que está dando a industria galega e como afectará a este sector a crecente conciencia ecolóxica social.
Con esta xornada continúase o ciclo dedicado á Empresa intelixente. Competitividade e crecemento empresarial en Galicia, que está a abordar a situación dalgúns dos sectores estratéxicos galegos durante este mes de outubro e novembro en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
Máis información e inscricións
|
|
|
|