CAPTACIÓN DE INICIATIVAS DO MUNDO EMPRESARIAL PARA O PROXECTO SPIN UP
A Xunta, a través do Igape, como socia do proxecto europeo Spin Up: Definición e implementación de núcleos locais de transferencia para a promoción de SpinOffs Universitarias e StarUps innovadoras, busca iniciativas e colaboradores do mundo empresarial para participar neste proxecto.
Enmarcado no Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, Spin Up pretende estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento no espazo de cooperación, mediante o encontro entre o tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento.
O obxectivo final é a creación de empresas nas áreas estratéxicas seleccionadas dentro da RIS3T: agro-bio e industria de alimentación; industria de transformación (4.0); industria creativa, TIC e turismo; e saúde e envellecemento activo.
Se tes unha iniciativa empresarial (patente, idea ou proxecto de negocio) que responda a algunha destas áreas estratéxicas ponte en contacto con nós. Axudarémoste a desenvolvela, con apoio e asesoramento para a eventual creación da empresa ou posta no mercado da patente. Facilitaremos promotores para a realización do plan de negocio, titores para facer seguimento do proceso, mentores para asesoramento naqueles campos que sexa preciso, así como asesoramento en materia de propiedade intelectual e industrial así como a asistencia a foros de investimento para a procura de financiamento. Ademais, podes contactar connosco se tes unha necesidade tecnolóxica non cuberta na túa empresa ou identificaches un problema para o que non atopas solución no mercado.
Remite as túas ideas ata o 15 de novembro.
Contacta con nós: bemd@igape.es
Máis información: https:// spinup- project.eu/
|
|
|
|