CICLO WEBINARIOS PAÍS: OPORTUNIDADES PARA AS EXPORTACIÓNS GALEGAS EN PERÚ
A Xunta continúa o ciclo de videoconferencias sobre as oportunidades para as exportacións galegas en diversos destinos mundiais. Despois de coñecer a situación dos mercados de China e México, a Antena Igape en Perú e empresas galegas que comercian neste país achegaranos a súa visión sobre as oportunidades e as perspectivas económicas para as vendas galegas nese destino, nun contexto mundial marcado pola incerteza. Será no encontro dixital que se celebrará o vindeiro xoves 22 de outubro, ás 17 horas.
Ademais, na xornada terá lugar a presentación da próxima misión comercial virtual a Perú, organizada polo Igape en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, e na que se pode participar a través do programa Foexga, que achega axudas de ata o 90% dos custos da actividade.
Máis información e programa
Inscricións
Máis información: formacion.internacionalizacion@igape.es
|