WEBINARIOS TECNOLOXÍAS 4.0: APLICACIÓNS PUNTEIRAS EN SECTORES ESTRATÉXICOS
A Xunta e Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) organizan un ciclo de encontros dixitais sobre tecnoloxías 4.0, en concreto sobre 5G, automatización e robótica colaborativa, intelixencia artificial, xestión da enerxía e economía circular, interacción home-máquina (HMI) e fabricación aditiva (FA).
O obxectivo dos webinarios é achegar ás empresas información sobre cada unha das tecnoloxías e, sobre todo, mostrar as súas aplicacións. Para iso, expertos dos centros tecnolóxicos e de empresas galegas compartirán tanto aplicacións punteiras xa existentes a nivel mundial como as potenciais a medida de cada sector.
O ciclo inclúe seis encontros semanais e comezará o venres 23 de outubro co dedicado á tecnoloxía 5G. Emitiranse en directo por streaming e as persoas asistentes poderán expor dúbidas ou cuestións aos expertos.
Forma parte das iniciativas contempladas no convenio de colaboración Oportunidades 4.0 en Galicia que desenvolven o Igape, Atiga e seis dos seus centros tecnolóxicos.
Inscricións para o primeiro webinario
Máis información sobre os estudos Oportunidades Industria 4.0 en Galicia
|
|
|
|