XORNADA TÉCNICA: OS EMPRENDEDORES, DONOS DO FUTURO. A FRANQUÍA COMO OPORTUNIDADE DE EMPRENDEMENTO
A franquía como oportunidade de emprendemento é a temática que centra o encontro técnico que se desenvolverá o próximo día 28 de abril no Hotel NH Atlántico da Coruña, promovido por Expansión e o grupo VIPS, e que conta coa colaboración do Igape.
A xornada de traballo inclúe unha mesa redonda sobre as franquías como modelo case impermeable á crise e como grande oportunidade para novos emprendedores. Tamén haberá outra mesa redonda centrada na experiencia empresarial baixo o sistema de franquías, contando co exemplo do grupo VIPS e coas experiencias de dous emprendedores con negocios baixo este sistema empresarial.
Os asistentes poderán coñecer todos os pasos previos e posteriores á creación dun negocio mediante franquía, desde a obtención da información necesaria ata a apertura e as peculiaridades deste modelo de negocio.
Os interesados en asistir a este encontro técnico, que ten carácter gratuito, deben solicitar a súa invitación
Máis información
|
|
|
|