Usted está aquí:InicioBoletín xeralIgape - IGAPE RESPONDE: ASESORAMENTO GRATUÍTO A AUTÓNOMOS E PEMES SOBRE MEDIDAS DE ACCIÓN INMEDIATA
*|MC_PREVIEW_TEXT|*
AS MEDIDAS DE ACCIÓN INMEDIATA DISPOÑIBLES PERMITIRÁN ÁS EMPRESAS ADAPTARSE AO NOVO CONTEXTO
Un conxunto de máis de 60 expertos e consultores especializados súmase ao equipo técnico do Igape para dar apoio e asesoramento e formar aos autónomos, os comercios e as empresas galegas a través da implantación de iniciativas de acción inmediata que contribúan a reducir o impacto económico provocado pola covid-19.
Grazas a esta liña de asesoramento a través da rede, enmarcada no programa Igape Responde, autónomos e empresas poden acceder a 14 tipos de medidas que se implementan de xeito rápido durante dúas semanas, cun seguimento posterior dun mes e unha intensidade de 25 horas de consultaría personalizada.
Entre outros resultados, estas iniciativas poden xerar un clima de maior confianza, atopar novas fontes de ingresos no negocio, captar e fidelizar novos clientes, manter os servizos en remoto ou mellorar a motivación, a cohesión e o compromiso dos equipos.
Os negocios e as empresas que teñan necesidades nos ámbitos financeiro, de negocio, de operacións e persoas, ou aquelas que non saiban como actuar no actual contexto económico (ámbito xeral), poden solicitar xa sen custo ningún este servizo.
Estas son as medidas dispoñibles:
A0_ÁMBITO DE PARTIDA:
Medidas globais
A1_ÁMBITO DE FINANCIAMENTO:
Replanificación de débedas comerciais
Planificación das obrigacións fiscais e resto de débedas
Busca de financiamento e negociación de débedas financeiras e avais
Xestión de cobros e de operacións comerciais
A2_ÁMBITO DE NEGOCIO:
Reorientación do negocio
Reconfiguración da oferta comercial
Promoción en liña
A3_ÁMBITO DE OPERACIÓNS:
Implantación do teletraballo
Prestación de servizos en liña
Reorganización operativa
A4_ÁMBITO PERSOAS:
Retención de equipos e motivación
Fortalecemento de competencias para un novo escenario
Planificación laboral
O Igape Responde enmárcase no Plan de reactivación económica que desenvolve a Xunta de Galicia para acompañar ao tecido empresarial galego no novo contexto xerado pola covid-19. O plan inclúe outra liña de atención directa a consultas empresariais e o novo programa Re-acciona, deseñado nesta edición 2020-2021 para responder á nova situación económica.
Que as persoas autónomas, os comercios e as empresas galegas sigan funcionando é o noso obxectivo.