PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO SHERPA JOURNEYS: PRESENTACIÓN DE INICIATIVAS ATA O 15 DE SETEMBRO
A plataforma eurorrexional de apoio ao emprendemento Sherpa do Mar, na que colabora a Xunta, está á procura de 12 proxectos ou ideas de negocio relacionadas directa ou indirectamente co eido mariño-marítimo, para apoialas a través da metodoloxía Sherpa Jouneys e a súa rede de axentes, aceleradoras e iniciativas. As persoas interesadas poden inscribir as súas iniciativas ata o vindeiro día 15.
Desde a plataforma farase difusión a todos os candidatos a través dun catálogo en liña que permitirá realizar contactos de networking.
Ademais, os proxectos seleccionados beneficiaranse durante 14 meses de servizos de apoio, que inclúen seguimento e mentorización continua e individualizada, acceso á rede de Sherpa do Mar para establecer contactos con colaboradores e investidores, asesoramento dun mentor especializado ou apoio científico-técnico durante todo o desenvolvemento do proxecto.
A plataforma eurorrexional Galicia-Norte de Portugal Sherpa do Mar ten como obxectivo o fomento da competitividade no eido mariño-marítimo a través do impulso de empresas de base tecnolóxica.
Máis información e inscricións
|
|
|
|