TALLER DIXITAL DE AUTODIAGNÓSTICO EMPRESARIAL SOBRE O POTENCIAL EXPORTADOR: MARTES, 28 DE XULLO
O próximo martes 28 de xullo terá lugar o Taller de Autodiagnóstico do Potencial Exportador: Pode a súa empresa exportar? Quere saber como facelo? Primeiros pasos para a internacionalización de empresas galegas e portuguesas, organizado ao abeiro do Proxecto ECICII PLUS, do que o Igape é colaborador.
O taller ten un dobre obxectivo: axudar ás empresas non exportadoras ou con vendas ocasionais ao exterior a valorar se están no momento óptimo para exportar e contan coas ferramentas necesarias para facelo, por unha banda. E facilitar a toma de decisións sobre a ampliación ou a localización de novos mercados das empresas que xa exportan, por outra.
A xornada desenvolverase en formato dixital de 9 a 11.30 horas. A participación é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que é preciso incribirse. Será conducida polo experto en programas de internacionalización, Jesús Albizu Soriano, e cada empresa participante realizará un cuestionario coas explicacións e alternativas que o experto proporcionará. Finalizado o taller, cada participante obterá un autodiagnóstico.
Nunha segunda fase, que se desenvolverá en agosto, dez empresas participantes terán a oportunidade de manter unha entrevista personalizada para interpretar conxuntamente os resultados da autoanálise e na que se lle proporcionarán conclusións e recomendacións sobre os camiños para seguir.
O Proxecto ECICII Plus para a Internacionalización das pemes da Eurorrexión está financiado polo Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.
Inscrición
Máis información, teléfono 988 391 110 ou en europeos@ceo.es
|
|
|
|