CHEQUE AUTÓNOMO: ACTIVO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 6 DE AGOSTO
A Xunta mantén activa a nova liña de apoio aos autónomos para facilitar a adaptación á situación derivada da covid-19 e facilitar a recuperación deste colectivo. Ata o día 6 de agosto as persoas autónomas poderán solicitar as axudas deste programa, que ofrece financiamento do 100%, ata un límite de 1800 euros, e inclúe anticipos do 100% dos gastos realizados desde a declaración do estado de alarma ata o 31 de decembro deste ano.
Os apoios cobren gastos do día a día como son a loxística e o transporte de envíos (ata 3 euros por envío); o pagamento por estar nunha plataforma de e-commerce local; o pago por licenza de uso de software de venda online; promoción en redes sociais; gastos correntes de seguridade motivados pola covid-19, entre os que se encontran os gastos en máscaras, guantes, desinfectante, limpeza, biombos e asesoramento en prevención de riscos laborais; e os gastos de subministracións e telecomunicacións.
Tramitación das solicitudes
Máis información do programa
|
|
|
|