GALICIA EXPORTA EMPRESAS E GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS: AMPLIACIÓN DOS PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Co obxectivo de apoiar os esforzos que están a realizar as empresas e as agrupacións empresariais para a mellora da súa presenza internacional e de minimizar os prexuízos ocasionados pola cancelación de numerosos eventos promocionais e viaxes de prospección, a Xunta vén de ampliar ata o vindeiro 17 de xullo os prazos de presentación de solicitudes para as axudas dos programas Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios.
Como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, tamén se amplían as datas de execución dos proxectos e se estenden ata o 15 de novembro deste ano ou ata o 30 de novembro de 2021, segundo os casos.
A través da liña específica para proxectos individuais Galicia Exporta Empresas e da destinada a apoiar proxectos colectivos coordinados por agrupacións empresariais Galicia Exporta Organismos Intermedios, impúlsanse tanto actividades de difusión como a participación en eventos expositivos no exterior e accións de prospección internacional. O Galicia Exporta Organismos Intermedios tamén afonda na dixitalización, e así, entre outras iniciativas, apoiarase a creación de plataformas de comercio electrónico para mercados internacionais.
Máis información: Programa Galicia Exporta Empresas Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios
informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 - 981 54 11 47
|
|
|
|