ENCONTRO DIXITAL: A FUNCIÓN LOXÍSTICA NA RECUPERACIÓN ECONÓMICA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DE GALICIA
O próximo xoves 18, ás 17h, terá lugar un encontro en liña organizado polo Clúster da Función Loxística galego no que se analizará a resposta do sector da subministración e transporte de mercadorías ante as novas necesidas xurdidas na alerta sanitaria e se afondará nos cambios que se esperan nas cadeas de abastecemento e cales poden ser as claves para abordalos.
A videoconferencia será tamén un espazo de debate sobre como pode colaborar o sector loxístico na recuperación económica de Galicia. Nela participarán, ademais do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, o director do Igape e o presidente do Clúster da Función Loxística e CEO de Kaleido Logistics, representantes das empresas Nueva Pescanova, Gadisa e Altia Logistic Software, que farán balance das accións realizadas nos últimos meses e dos pasos de futuro que o sector debe dar para aproveitar o potencial de Galicia para saír reforzados da nova situación económica.
As empresas interesadas en participar poden inscribirse e enviar as súas preguntas no seguinte enlace: programa, inscricións e preguntas.
|
|
|
|