#SEGUIMOS ADIANTE: ENCONTRO ONLINE SOBRE AS MEDIDAS ECONÓMICAS PARA AUTÓNOMOS E PEMES FRONTE AO COVID-19
O próximo xoves 7 de maio, ás 18 h, terá lugar un encontro online no que o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o director do Igape, Juan Cividanes, informarán a autónomos e pemes das medidas económicas activadas pola Xunta para que o tecido produtivo galego poida facer fronte á crise provocada polo Covid-19.
Na videoconferencia, os participantes poderán coñecer tanto as liñas de apoios dirixidas ás persoas traballadoras como os instrumentos de axudas destinados a profesionais e pequeñas e medianas empresas. Unha vez rematadas as intervencións, poderán achegar as súas dúbidas e suxestións aos tres representantes.
Programa
Inscricións
|
|
|
|