LIÑA DE PRÉSTAMOS BONIFICADOS POLA XUNTA DIRIXIDA A AUTÓNOMOS E PEMES: GUÍA DE TRAMITACIÓN
Co obxectivo de que as empresas, especialmente as máis pequenas e o colectivo autónomo, poidan dispor de liquidez para afrontar os gastos diarios (pago de salarios, facturas, alugueres e impostos) e facer fronte ao novo contexto derivado da pandemia do Covid-19, a Xunta activou a comezos do pasado mes de abril unha liña de axudas que facilita préstamos bonificados pola administración autonómica.
A través desta liña, que segue a estar activa, autónomos e pequenas e medianas empresas poden acollerse a préstamos de ata 200.000 euros por negocio, con 4 anos de amortización (e 12 meses de carencia) e dos que a Xunta se fai cargo do 100% dos xuros.
Na seguinte infografía ofrécese una guía de tramitación, na que de xeito sinxelo se poden consultar os pasos a seguir para a solicitude das axudas:
Liña de préstamos bonificados pola Xunta de Galicia: pasos a seguir na solicitude
Máis información:
Liña de préstamos bonificados pola Xunta de Galicia: información
informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 - 981 54 11 47
|