PRIMEIRO MES DE ACTIVIDADE DO MARKETPLACE COVID-19: MÁIS DE 100 EMPRESAS ACHEGAN OFERTAS DE PRODUCIÓN DE EQUIPOS DE PROTECCIÓN
Para canalizar as respostas de capacidades produtivas da industria galega ás necesidades de medios de protección ante o coranavirus, a Xunta ten habilitado o Marketplace Galego Covid-19, plataforma online que xestiona a oferta e a demanda de subministración de equipamentos ante o coronavirus. Ata o momento, despois dun mes de actividade, máis dun cento de empresas galegas levan ofrecido material a través desta plataforma.
A plataforma sigue aberta para recibir ofertas das empresas, que se poden formular a partir dos seguintes criterios: capacidade de fabricación en Galicia, capacidade de subministración de stock ou adquisición rápida. Tamén se continúan a recibir demandas urxentes de equipamentos, tanto de organismos públicos como entidades privadas.
Máis información: https://marketplacecovid19.gal/
informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 - 981 54 11 47
|