HIGH TECH AUTO: AMPLIADO ATA O 20 DE MARZO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
A Xunta, a través do Igape, e o Consorcio da Zona Franca de Vigo amplían ata o 20 de marzo o prazo de presentación de proxectos para participar na primeira convocatoria da Incubadora High Tech Auto de Galicia (HTA), impulsada co obxectivo de validar ideas e tecnoloxías vinculadas ao sector automoción e construír modelos de negocio innovadores ao redor dela.
Cofinanciada nun 80% polos Fondos Feder da Unión Europea a través da Fundación Incyde, a HTA está aberta a todas aquelas iniciativas emprendedoras de carácter innovador relacionadas coa industria da automoción e a auxiliar de compoñentes e servizos avanzados, sexa en produtos, servizos, procesos e/ou modelos de negocio ou tecnoloxías.
A nova incubadora ofrecerá servizos de apoio para transformar os modelos de negocio, espazos para a incubación e un laboratorio de fabricación e servizos dixitais e tecnolóxicos de automoción. A duración prevista para o desenvolvemento das actividades de incubación é de 12 meses, coa posibilidade de prorrogar outros 12 meses.
Máis información
|
|
|
|