XORNADA DE PRESENTACIÓN DOS HUBS GALEGOS DE INNOVACIÓN DIXITAL
O próximo 28 de febreiro, a partir das 9.15 h, terá lugar no AC Palacio de Carmen, en Santiago de Compostela, a xornada de presentación dos Hubs Galegos de Innovación Dixital. Promovidos pola Xunta, os Hubs ofrecen ás pemes galegas o canle máis rápido e eficiente para abordar con éxito a súa dixitalización.
No evento participarán representantes da Comisión Europea e do Ministerio de Industria, que explicarán as posibilidades que se abren para as pemes a través dos Hubs, e tamén se contará con experiencias e casos de éxito que exporán o que pode aportar un Hub á unha empresa.
Máis información, programa e inscricións
|
|
|
|