PROXECTO CO-LOGISTICS: XORNADA DE INICIO
Impulsar a colaboración transfronteriza da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no eido do transporte e a loxística e súa a internacionalización é o principal obxectivo do proxecto europeo Co-Logistics, liderado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra en colaboración coa Xunta, a través do Igape e a Dirección Xeral de Mobilidade, e a Autoridade Portuaria de Vigo xunto con organismos portugueses.
Como punto de partida desta iniciativa, que forma parte da Estratexia Galega de Optimización Loxística aprobada recentemente polo Goberno galego, o vindeiro mércores 15 de xaneiro a partir das 11 horas celebrarase unha xornada de presentación en Vigo, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (avenida García Barbón, 104).
Máis información e inscricións
|
|
|
|