19 DE NOVEMBRO, VILAGARCÍA DE AROUSA. XORNADA CAPACITA DIRECTIVOS: INDUSTRIA E EMPRESA 4.0. AS CLAVES DA EMPRESA INTELIXENTE
No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta, a través do Igape, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e o Círculo Financeiro de Galicia organizan en varios puntos de Galicia o ciclo de xornadas profesionais Industria e Empresa 4.0: as claves da empresa intelixente co obxectivo de debater, compartir experiencias entre distintos axentes económicos e promover a colaboración para afondar na Industria 4.0.
Os encontros están dirixidos a empresarios e directivos das pemes galegas, representantes de asociacións empresariais e clústeres, así como a representantes das universidades, laboratorios tecnolóxicos e centros de investigación e desenvolvemento.
A próxima xornada, última do ciclo, terá lugar en Vilagarcía de Arousa o vindeiro martes 19 de novembro, a partir das 9.30 h, na Cámara de Comercio (avenida Doutor Tourón, 46).
PROGRAMA DO CICLO
Ourense: martes 22 outubro, 9.30 h, Centro de Inovación Social Dixital La Molinera (rúa do Abrevadeiro, 2). Máis información e inscricións
Lugo: martes 29 outubro, 9.30 h, Asociación de Empresarios do Polígono do Ceao e das Gándaras (rúa das Leiteiras, s/n). Máis información e inscricións
O Barco de Valdeorras: martes 5 novembro, 9.30 h, Casa Grande de Viloria (rúa Elena de Quiroga, 11). Máis información e inscricións
Boiro: xoves 14 novembro, 9.30 h, Asociación Boirense de Empresarios (avenida da Constitución, 85). Máis información e inscricións
Vilagarcía de Arousa: martes 19 novembro, 9.30 h, Cámara de Comercio (avenida Doutor Tourón, 46). Máis información e inscricións
|
|
|
|