SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 DE NOVEMBRO: XORNADA DE PRESENTACIÓN DA 2ª CONVOCATORIA DA BUSINESS FACTORY FOOD
A Xunta, a Universidade de Santiago de Compostela e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organizan unha xornada de información o vindeiro 18 de novembro ás 11.45 h na que se presentará a segunda convocatoria da Business Factory Food (BFFood), a aceleradora do sector agroalimentario impulsada polo Goberno galego e Clusaga.
No acto, que terá lugar no edificio Emprendia (avenida Maestro Mateo, 2) en Santiago de Compostela, os participantes poderán coñecer os retos e oportunidades que ofrece a presente edición, que manterá aberto o prazo de inscrición de proxectos ata o próximo 30 de novembro.
A BFFood é unha iniciativa promovida polo Igape, Gain, XesGalicia e Clusaga, na que colaboran empresas galegas tractoras do sector, como Grupo Calvo, Grupo Nueva Pescanova, Bodegas Martín Códax, Kiwi Atlántico, Calvo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Quescrem e Torre de Núñez. Ademais, participan entidades como as Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, Anfaco-Cecopesca, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), Gradiant, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación Feuga.
Programa da xornada e incricións
Máis información da BFFood
|
|
|
|