BUSINESS FACTORY AERO: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS ATA O 15 DE NOVEMBRO
A Business Factory Aero (BFAero) mantén aberto ata o próximo 15 de novembro o prazo de presentación de proxectos para a segunda convocatoria da primeira aceleradora galega do sector aeronáutico, á que se poden presentar iniciativas emprendedoras neste eido e o dos vehículos non tripulados.
Os seis proxectos seleccionados disporán do apoio económico da Xunta. En concreto, accederán a un financiamento de ata 100.000 euros a fondo perdido na fase de incubación e de ata 50.000 na de aceleración. Adicionalmente, optarán a outros instrumentos financeiros achegados desde Indra e Xesgalicia.
A BFAero está promovida pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), o Igape e Xesgalicia, polas empresas multinacionais de referencia no sector Indra e Babcock, e polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG); xestionada pola Fundación CEL e apoiada por diferentes entidades colaboradoras representadas no Consorcio Aeronáutico Gallego (CAG).
Máis información
|
|
|
|