GALICIA OPEN FUTURE: SESIÓN DEMOSTRATIVA DO RETO DE COFRICO. ABERTA A CONVOCATORIA DE PARTICIPACIÓN
No marco da Edición Retos Industria 4.0, cuarta da aceleradora Galicia Open Future, impulsada pola Xunta de Galicia e Telefónica, a empresa galega especialista en solucións de refrixeración, climatización e eficiencia enerxética Cofrico, vén de lanzar un reto dirixido a emprendedores, stratups, pemes e organismos de investigación de todo o mundo.
O obxectivo dos proxectos que se presenten é aportar solucións que permitan automatizar a xestión de datos. O prazo de presentación das candidaturas finaliza o próximo 27 de novembro.
As mellores ideas, ata 10 proxectos, poderán participar nunha viaxe de inmersión con Cofrico e o proxecto gañador poderá desenvolver un piloto real na empresa, ademais de recibir unha axuda de 20.000 euros por parte da Xunta de Galicia, así como acceder a un préstamo reembolsable de ata 100.000 euros.
Máis información do reto
Para coñecer polo miúdo o reto os interesados poden participar, presencialmente ou en streaming, na sesión informativa que se realizará no Centro Demostrador TIC Galicia en Santiago de Compostela (rúa Airas Nunes s/n) o vindeiro 14 de novembro a partir das 10 h.
Máis información da sesión de demostración
|
|
|
|