6 e 7 de NOVEMBRO, SANTIAGO DE COMPOSTELA: INNOVATION & MANUFACTURING BROKERAGE EVENT 2019
A Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza xunto coa Comissão de Coordinação e Desenvolvimento Regional de Norte de Portugal (CCDR-N), a Agência Nacional de Innovação (ANI) e a Vanguard Initiative, o Innovation and Manufacturing Brokerage Event (IMB 2019) que terá lugar en Santiago de Compostela os próximos 6 e 7 de novembro.
O IMB 2019, no que participarán representantes clave da Comisión Europea, do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e da industria, servirá como foro para tratar as innovacións e os proxectos de vangarda relacionados coa fabricación sostible e avanzada. No evento do día 7 presentaranse as convocatorias recentemente lanzadas de Horizonte 2020, cuxo importe supera os 200 millóns de euros.
Programa
Inscrición
Máis información
|
|
|
|